foto studio 3

Grabación EP – A Eséxese de Zoroastro

De vez en cando hai que sacar á luz todo o que se oculta entre as tebras do propio individuo… e xa iba tocando facelo.

Ando inmerso na creación dun EP de Metal extremo (paso de meterme en etiquetas máis precisas). Trátase dun traballo baseado na personaxe principal da opera magna de Nietzsche, “Así falou Zaratustra”. Por suposto, tanto o proxecto coma o EP reciben o nome de “A Eséxese de Zoroastro”.

Supoño que de momento entrar en detalles sería aburrido e pouco interesante, polo que só engadirei que a pesar de que este proxecto concebiuse como unha “one man band”, afortunadamente conto coa axuda de Pablo Pazo Prado nas voces e de Adrián Hernández nas baterías.

Aquí vos deixo unha pequena mostra do que se está a grabar.

Seguiremos informando…

IMG_9952